Friday 03 de May de 2024

Alternativa de Cambre esixe explicacións das licitacións que están quedando en branco


Alternativa dos Veciños de Cambre non se explica como pode ser que un porcentaxe alto das licitacións do Concello queden en branco.

Concretamente sorprende a renovación do complexo polideportivo da Barcala, que xa vai pola segunda vez que se dá a situación, alegando na primeira ocasión o incremento do prezo dos materiais.

“Neste momento actual, insistimos en que nos expliquen que está a suceder e por que as empresas parece que renegan de traballar co Concello de Cambre”, dixo o voceiro de Alternativa Raúl Varela.